Un mar de saberes

Imagen1

Entre marzo e outubro de 2014, a cooperativa Trespés coordinou o proxecto “Un mar de saberes”. O obxectivo principal do proxecto era valorizar o patrimonio marítimo de Soutomaior, mostrando a riqueza do patrimonio natural, cultural e capital humano xerado nas actividades extractivas, achegándoo á cidadanía en xeral e prestando especial atención á comunidade escolar.

O proxecto “Un mar de saberes” partiu dunha concepción multifuncional do espazo marítimo, a utilización sustentable dos seus recursos, a diversificación ocupacional do sector e a aprendizaxe significativa e interactiva como ferramentas para achegarse ao mar en Soutomaior. Estas foron algunhas das actividades que a cooperativa levou a cabo no marco deste proxecto:

  • Estudo dos recursos marítimos do Concello de Soutomaior con susceptibilidade de ser explotados no ensino ou no sector turístico
  • Elaboración de material didáctico para o profesorado para a súa futura utilización nas aulas
  • Saídas didácticas cos colexios para a posta en práctica e en valor o material didáctico elaborado previamente.
  • Voluntariado ambiental. Xornadas de sensibilización ambiental e voluntariado ambiental no litoral
  • Exposición fotográfica sobre o mar realizada polo fotógrafo Rafa Estévez.
  • Creación de páxina web.

Estas actividades deron conta dos obxectivos marcados e incidiron na necesidade de valorizar o patrimonio marítimo e a actividade extractiva, ao tempo de establecer estratexias de conservación do entorno natural.

O proxecto “Un mar de saberes” estivo promovido polo Concello de Soutomaior e financiado polo Grupo de Acción Costeira 7.

Podes ter máis información sobre o proxecto ou consultar os materiais xerados na páxina web www.mardesaberes.com

Anúncios

Foro de Boas Prácticas Ambientais

Colamos o programa do foro de boas prácticas ambientais que se vai celebrar o 8 e 9 de novembro en Redondela e o 16 de novembro en Pontevedra.

Para seguir as últimas novidades, botade un ollo na nosa páxina do Facebook

%d bloggers like this: