O mancomún. Un patrimonio do país

A realidade dos montes veciñais en mancomún define grande parte do territorio galego, malia isto, permanece como unha realidade pouco ou nada coñecida por boa parte da sociedade galega. Esta forma de titularidade asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e como forma de xerir o espazo fai parte do patrimonio cultural inmaterial galego. As organizacións que agrupan ás comunidades de montes constataron o distanciamento, cada vez maior, entre as poboacións dos lugares con os montes que lles son propios. Varias son as razóns que explicarían esta realidade. Transformacións económicas e mudanzas sociais provocaron este contexto.

Nesta liña de traballo, estamos na fase de pre-produción do que vai ser o noso primeiro traballo audiovisual, o documental “En todas as mans” centrado na realidade dos montes en mancomún.

Ler mais deste artigo

Potencialidade económica dos recursos locais

Entre os nosos ámbitos de traballo, encóntrase a dinamización territorial a partir dos recursos endóxenos dos propios territorios. Nesta liña insírese esta xornada técnica que desenvolvemos para o concello de Redondela. Esta actividade enmárcase na necesidade de mostrar a potencialidade que este cultivo podería ter como recurso económico local. Para o deseño da xornada, definimos un marco técnico formado por investigadores da universidade que centran as súas investigacións sobre castes autóctonas, persoal técnico dos grupos de Desenvolvemento Rural e da Federación de Cooperativas Sinerxía.

Ao tempo, o programa recollía diversas experiencias desenvolvidas en volta da mazá, tanto no ámbito da produción, como da transformación. Trátase de mostrar camiños polos que poderían discorrer iniciativas a desenvolver na zona.

O público alvo dunha iniciativa deste tipo, son aquelas persoas con interese en pór en marcha unha iniciativa de auto-emprego e que poden ver neste ámbito unha posibilidade.

%d bloggers like this: