Rede SAL

Rede SAL

O proxecto REDE SAL xorde no 2014 coa finalidade de conectar aquelas experiencias de cooperativismo sen fins lucrativos existentes en Galiza. O proxecto foi promovido polas cooperativas Sen Ánimo de Lucro Cestola na Cachola, Cousas da Terra, Tempo de Loaira e Trespés.

Rede Sal aposta por ser un espazo-plataforma para intercooperar, aproveitar as redes, para facerse visíbeis. Un espazo para o encontro e o apoio mutuo das cooperativas que apostan por un modelo económico e laboral centrado nas persoas.

Rede Sal traballará na divulgación deste modelo, desenvolvendo propostas en común.

Máis información en: http://redesal.coop/web/

Anúncios

Proxecto Oucas, algas de Baiona. Os recursos propios como factor de desenvolvemento

Entre o mes de xullo e o mes de outubro de 2012 Trespés estivo coordinando e xestionando o proxecto Oucas, algas de Baiona. Este proxecto que foi redactado pola propia cooperativa para o Concello de Baiona, recibiu financiamento polo grupo de Acción Costeira (GAC7) ao ser o proxecto non produtivo mellor valorado.

O obxectivo principal do proxecto foi utilizar as algas como dinamizador económico para a vila de Baiona, potenciando un recurso non moi explotado na actualidade, e que pode implicar a sectores estratéxicos como a pesca, a hostalería, o turismo ou a industria transformadora.

Para  conseguir o obxectivo principal do proxecto, realizáronse varias actividades:

– Elaborouse un pequeno estudo sobre o recurso e os seus usos potenciais, coa finalidade de catalogar a biodiversidade algal de Baiona.

Algas de Baiona

– Creouse unha marca identificativa do proxecto coa que se identificarían todas as accións do proxecto.

logo horizontal color

– Fixéronse unhas xornadas técnico-divulgativas sobre as algas e as súas potencialidades, coa finalidade de formar e informar sobre outros usos do mar e concretamente das algas.

Xornadas técnico-divulgativas

Formouse ao sector hostaleiro para que aprenderan a cociñar e preparar pratos elaborados con algas.

                          Curso de cociña con algas 047    Tagliatelle de tinta de calamar, con espagueti de mar e holandesa 1

– Realizáronse unhas xornadas de degustación de algas “ O Bai de Oucas”  coa dupla finalidade de implicar á hostalería local e ao pequeno comercio na promoción das algas e impulsar un novo recurso turístico para a zona.

Presentación do Bai de Oucas

– Realizáronse numerosas visitas a zona intermareal. Estas visitas que tiveron un gran éxito entre o público asistente serviron para amosar e valorizar o enorme patrimonio algal que posuímos no noso litoral e que podemos observar habitualmente nas nosas costas.

Visita intermareal 002

– Ofreceuse formación ao sector extractivo en identificación e recolección de algas e cooperativismo. A finalidade era crear emprego asociado a este sector emerxente.

2012-08-30 18.13.48

2012-09-01 10.15.11

Visita a algamar

Agro e cooperativismo. Propostas e oportunidades

Ábrese o prazo de inscrición na xornada técnica sobre as potencialidades do sector agro-gandeiro na zona de Pazos de Borbén que a cooperativa Trespés organiza o próximo sábado 24 de marzo nesa localidade. O programa desta xornada contempla a participación de técnicos en desenvolvemento rural da Xunta de Galicia e da USC, así mesmo participarán diferentes experiencias xurdidas en Galicia vinculadas á produción hortícola, explotación gandeira e aproveitamentos da biomasa. Para poder participar na xornada débese realizar a inscrición no correo info@trespes.com ou no teléfono 986110045.

A celebración desta xornada inxírese no marco do proxecto de investigación sobre as potencialidades da actividade agro-gandeira en Pazos que desenvolveu nos últimos meses a cooperativa Trespés. O proxecto, cofinanciado pola Consellaría de Traballo e Benestar, ten como obxectivos a realización dun estudo que contempla a análise da situación e expectativas de futuro do sector agro-gandeiro, explorar a existencia de persoas interesadas na actividade agraria e promover a fórmula cooperativa. Estas xornadas pretenden mostrar casos prácticos de experiencias de producións agrícolas e gandeiras no contexto galego.

PROGRAMA DA XORNADA

9:30–9:45 Recollida de material
9:45–10:00 Proxecto “Cooperativismo agrario en Pazos de Borbén”
Paulo Jablonski. Cooperativa Trespés

10:00–10:45 O desenvolvemento rural na era da crise
Gonzalo Rodríguez. Dpto. de Economía Aplicada da USC e
experto en desenvolvemento local

10:45–11:30 Agro-gandaría en Galicia: da produción ao consumo
Carme Freire. Labrega. Secretaria Xeral do SLG

Debate 11:30–11:45

Café 11:45–12:15

12:15–13:00 Monte Cabalar: cooperativismo, gandaría e xestión territorial
Fuco Barreiro. Cooperativa Monte Cabalar

13:00–13:45 Programas de axudas da Axencia de Desenvolvemento Rural
Alfonso Ruano. Xefe da Área de Apoio de AGADER

Debate 13:45–14:00

Sesións Tarde

16:45–17:35 Produción Hortícola
A Hortinha da Ponte; a chamada da Terra.
Julio Morales. A hortinha da Ponte
A granxa familiar, produción e transformación
Fernando Sanesteban. Granxa A Curuxeira

17:35–18:30 Gando e Monte
Porco Celta. Redescubrindo as razas autóctonas
José Balboa Rodríguez. Presidente SAT Monte Oural
Xestión bio-sustentábel de residuos gandeiros, agrícolas e forestais
Sergio Quiroga. Director Técnico de Ecocelta

18:30 Conclusións e peche das xornadas

Potencialidade económica dos recursos locais

Entre os nosos ámbitos de traballo, encóntrase a dinamización territorial a partir dos recursos endóxenos dos propios territorios. Nesta liña insírese esta xornada técnica que desenvolvemos para o concello de Redondela. Esta actividade enmárcase na necesidade de mostrar a potencialidade que este cultivo podería ter como recurso económico local. Para o deseño da xornada, definimos un marco técnico formado por investigadores da universidade que centran as súas investigacións sobre castes autóctonas, persoal técnico dos grupos de Desenvolvemento Rural e da Federación de Cooperativas Sinerxía.

Ao tempo, o programa recollía diversas experiencias desenvolvidas en volta da mazá, tanto no ámbito da produción, como da transformación. Trátase de mostrar camiños polos que poderían discorrer iniciativas a desenvolver na zona.

O público alvo dunha iniciativa deste tipo, son aquelas persoas con interese en pór en marcha unha iniciativa de auto-emprego e que poden ver neste ámbito unha posibilidade.

%d bloggers like this: