Sobre nós

A Equipa de Traballo de Trespés Soc. Cooperativa formámola tres persoas.

Alberte

Alberte Román

Licenciado en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela e cun Máster en Desenvolvemento de Contidos Audiovisuais e Interactivos realizado na Universidade de Vigo, conta con formación e experiencia na xestión cultural e dinamización territorial. Acredita ampla experiencia na coordinación e produción de materiais divulgativos, exposicións e traballos audiovisuais tanto no ámbito cultural como ambiental, para institucións públicas e privadas. Conta tamén con formación e experiencia no deseño e desenvolvemento de proxectos e contidos formativos centrados en temáticas culturais e ambientais.

Paulo

Paulo Jablonski

Doutor en Antropoloxía Social e Cultural e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, conta cunha ampla experiencia na investigación social e cultural e na implementación de metodoloxías participativas e de intervención social nos campos da antropoloxía política, económica, marítima, estudos etnográficos de memoria oral e patrimonio inmaterial. Destaca a súa experiencia docente en diversas universidades complementada coa participación ou coordinación de proxectos de dixitalización cultural, avaliación de impactos sociais de grandes infraestruturas, desenvolvemento territorial, dinamización económica e elaboración de propostas museográficas.

Tania

Tania Martínez

Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, conta cun Máster en Xestión Ambiental e Municipal e outro en Ecosistemas terrestres, usos sostibles e implicacións ambientais. Posúe unha ampla experiencia laboral no control da calidade alimentaria e a xestión medioambiental, así como na redacción e desenvolvemento de proxectos de diversa natureza, entre os que cabe destacar, proxectos de dinamización territorial. Participou en varios proxectos de I+D+i de diversa índole e ten experiencia na docencia e na elaboración de contidos.

As tres persoas socias de Trespés Soc. Cooperativa Galega participan activamente nos movementos asociativos, construíndo tecido social!

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: