Filosofía

Trespés é unha cooperativa de traballo asociado de iniciativa social.

É dicir, sen ánimo de lucro pola Lei 14/2011 do 16 de decembro de cooperativas de Galicia.

A cooperativa ten por obxecto a prestación do traballo das persoas socias para producir en común bens e servizos para terceiros.

Socios-a cooperativistas de Trespés Cooperativa

Entre os obxectivos da nosa Cooperativa están:

Ofrecer unha carta de servizos diversificada nos campos do social, cultural e medioambiental que contribúan á mellora da sociedade.

Contribuír ao espallamento dos principios e prácticas da economía social impulsando o modelo cooperativo.

Crear as condicións propicias para o estímulo do autoemprego entre as persoas socias da cooperativa.

Constituírse como cooperativa de iniciativa social implica rachar coa lóxica mercantilista de procurar o máximo beneficio a menor custe. Consideramos que os beneficios cooperativos non se poden medir en termos monetarios, senón en termos sociais e humanos.

Non ter ánimo de lucro, non significa que Trespés non cobre polos seus servizos. A cooperativa conta cunha táboa de tarifas. A diferenza radica en que ese diñeiro está destinado a sufragar os custes da actividade: electricidade, auga, aluguer, internet, papelería, etc. e tamén os anticipos salariais das persoas socias traballadoras da cooperativa.

Non ter ánimo de lucro implica unhas obrigacións marcadas por lei:

Os resultados positivos que se produzan nun exercicio económico, se os houber, non poderán ser distribuídos entre as persoas socias.

As retribucións das persoas socias traballadoras non poderán superar o 150% das retribucións que, en función da actividade e categoría profesional, estableza o convenio colectivo aplicable ao persoal asalariado do sector.

As cooperativas que sexan cualificadas como sen ánimo de lucro e cumpran co disposto na lei serán consideradas polas administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia como entidade sen ánimo de lucro para todos os efectos.

En síntese, decidimos dar o paso e  constituírnos como cooperativa sen ánimo de lucro para ser máis fieis aos principios da economía social e solidaria e contribuír coa nosa actividade laboral, á construción dunha nova sociedade.

cooperación

Os beneficios de Trespés non se repartirán de forma particular, senón que reverterán na sociedade mediante o apoio a proxectos sociais, novas iniciativas solidarias ou programas de cooperación ao desenvolvemento, entre outros.

2 Responses to Filosofía

  1. Pingback: Pressenza - La unión hace la fuerza

  2. Pingback: La unión hace la fuerza » malagaldia.es

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: