Saídas escolares coñecendo o próximo

Rematado o curso escolar, lembramos varias saídas que Trespés realizou cos colexios de Santa Mariña e Santo Paio de Redondela. En sendas xornadas, puidemos coñecer, xunto con cativos e cativas, as ribeiras dos ríos Pexegueiro e Alvedosa. Con ganapáns, bandexas e catiúscas a rapazada descubriu que baixo a area e a lama dos leitos ribeiregos hai unha rica e diversa vida de seres invertebrados. No seu caderno de campo anotaron a flora do lugar e o grao de contaminación de cada río que relacionaron coa súa propia biodiversidade.

Estas e outras actividades semellantes enmárcanse dentro dunha liña de traballo de Trespés na que, a través de saídas sinxelas, ofrécese a oportunidade aos colexios da comarca de coñecer con maior detalle o seu propio entorno. Desde o pequeno e próximo, abrir unha xanela ao mundo.

Sobre trespescoop
Trespés Soc. Coop. Galega ofrece unha visión integral e multidisciplinar baseada nunha ampla experiencia nos sectores social, cultural e ambiental. Combinamos e complementamos os diferentes ámbitos de traballo aplicando unha perspectiva cualitativa e fomentando a participación cidadá mediante metodoloxías flexíbeis a cada contexto. Traballamos na... consultaría / asesoría: xestión de recursos, políticas de participación cidadá produción de contidos: exposicións, audiovisuais, publicacións, materiais didácticos, eventos dinamización territorial: promoción e desenvolvemento local e turístico educación e formación investigación básica e aplicada

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: