O mancomún. Un patrimonio do país

A realidade dos montes veciñais en mancomún define grande parte do territorio galego, malia isto, permanece como unha realidade pouco ou nada coñecida por boa parte da sociedade galega. Esta forma de titularidade asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e como forma de xerir o espazo fai parte do patrimonio cultural inmaterial galego. As organizacións que agrupan ás comunidades de montes constataron o distanciamento, cada vez maior, entre as poboacións dos lugares con os montes que lles son propios. Varias son as razóns que explicarían esta realidade. Transformacións económicas e mudanzas sociais provocaron este contexto.

Nesta liña de traballo, estamos na fase de pre-produción do que vai ser o noso primeiro traballo audiovisual, o documental “En todas as mans” centrado na realidade dos montes en mancomún.

Hai trinta anos os seus lexítimos titulares, a veciñanza dos lugares, comezaron a recuperar a xestión dos montes en mancomún, por iso entendemos que é o momento de realizar unha achega á situación actual deste réxime de titularidade. Pretendemos construír un relato tecido coas voces das xentes das comunidades e do ámbito académico. Construiremos, así, unha ollada diversa, unha reflexión colectiva sobre o monte en mancomún e o seu futuro.

Pretendemos sinalar a titularidade en mancomún como un elemento que fai parte do patrimonio cultural galego. Ao tempo, queremos sinalar as potencialidades que ten como ferramenta válida para a xestión e custodia do territorio próximo.

Queremos que este proxecto sirva como recoñecemento para as persoas que conforman as comunidades de montes, os comuneiros e comuneiras. Desexamos estimular a súa participación e o orgullo por poder participar dun xeito de xestión do territorio propia, ao tempo que esa apreciación se expande ao conxunto da cidadanía galega.

Para a realización deste traballo contamos coa dirección de Diana Toucedo, unha cineasta con ampla experiencia no mundo audiovisual.

Trespés quer aproveitar novas formas de financiamento e de difusión para desenvolver este proxecto. Para isto, definimos unha estratexia de financiamento que asenta no micro-financiamento, moita xente aportando algo para facer moito.

Podes saber mais sobre este proxecto en www.entodasasmans.com

Sobre trespescoop
Trespés Soc. Coop. Galega ofrece unha visión integral e multidisciplinar baseada nunha ampla experiencia nos sectores social, cultural e ambiental. Combinamos e complementamos os diferentes ámbitos de traballo aplicando unha perspectiva cualitativa e fomentando a participación cidadá mediante metodoloxías flexíbeis a cada contexto. Traballamos na... consultaría / asesoría: xestión de recursos, políticas de participación cidadá produción de contidos: exposicións, audiovisuais, publicacións, materiais didácticos, eventos dinamización territorial: promoción e desenvolvemento local e turístico educación e formación investigación básica e aplicada

One Response to O mancomún. Un patrimonio do país

  1. ana laura diz:

    gustoume moitísimo o teaser! parabens!

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: