Encoros de Gouvães, Daivões e Alto Tâmega (Trás-os-Montes)

O Centro de Estudos Transdisciplinares para o Desenvolvimento (CETRAD) da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro contratou os servizos de Trespés Soc. Coop. Galega para participar na equipa de traballo que está a realizar o “Estudo do Impacto Económico, Social e Cultural do Aproveitamento Hidroeléctrico de Gouvães, Alto Tâmega e Daivões”. Trátase dos proxectos de construción de dous encoros no río Tâmega e un terceiro nos seus afluentes Torno e Louredo por parte da hidroeléctrica Iberdrola na rexión de Trás-os-Montes .

A construción destas grandes infraestruturas implica, sempre, a destrución de contextos sociais, económicos, culturais e vitais. Coñecer estes impactos é esencial coa fin de deseñar liñas de compensación e indemnización para as poboacións directamente afectadas. O traballo de Trespés consiste no deseño metodolóxico, a realización do traballo de campo e a análise dos datos obtidos. Desde o mes de xaneiro, vimos realizando este labor de contacto directo cos habitantes ribeiregos do Tâmega e do Torno. Os resultados parciais e finais teñen como misión sensibilizar os criterios de compensación da empresa adxudicataria engadindo os factores sociais, cultural e humano ao proceso.

A idea básica é transmitir que cada coutada, finca ou eido anegado son lugares de actividade e experiencia; que en cada casa viven persoas con proxectos de futuro e memorias do pasado; que a terra non só se mide en metros cadrados, senón que conta cunha profundidade económica, social e cultural que é esencial para o sustento das poboacións prexudicadas polos encoros. Dar voz a estas realidades é a misión encomendada a Trespés.

Sobre trespescoop
Trespés Soc. Coop. Galega ofrece unha visión integral e multidisciplinar baseada nunha ampla experiencia nos sectores social, cultural e ambiental. Combinamos e complementamos os diferentes ámbitos de traballo aplicando unha perspectiva cualitativa e fomentando a participación cidadá mediante metodoloxías flexíbeis a cada contexto. Traballamos na... consultaría / asesoría: xestión de recursos, políticas de participación cidadá produción de contidos: exposicións, audiovisuais, publicacións, materiais didácticos, eventos dinamización territorial: promoción e desenvolvemento local e turístico educación e formación investigación básica e aplicada

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: