Repensando os Maios 2011

Maios

Durante o mes de Abril realizamos para o concello de Redondela, o proxecto de dinamización “Repensando os Maios 2011.  Nos últimos anos, constatárase unha evolución regresiva no número de maios participantes, o que puña en risco a  propia existencia da festa. Na  idea do proxecto estaba estimular procesos de revitalización da Festa dos Maios en Redondela. En base a este obxectivo, desenvolvéronse diversas accións:
Formouse un grupo de traballo con persoas de Redondela vencelladas á festa en diferentes etapas. Desde o grupo de traballo xurdiron varias propostas de mellora da propia festa que foron asumidas polo concello.
Un dos elementos centrais do proxecto foi a celebración de dous obradoiros dirixidos a mozos e mozas. As participantes nestas xornadas recebiron formación tanto das técnicas construtivas dun maio como da composición e interpretación de coplas. Con estes obradoiros o que se pretendeu foi manter a transmisión dos saberes, algo
Coa idea de mellorar a presenza social da Festa dos Maios, deseñamos un plano de comunicación acorde coa propia importancia da celebración incorporando información detallada na páxina web do Concello.
Outras das accións incluídas neste proxecto foi a criación dunha sección específica dos Maios no Arquivo Municipal de Redondela  onde poder conservar toda a documentación xerada pola celebración (coplas, fotografías).

Colámosvos uns links sobre a repercusión do proxecto nos medios:

Xornal de Galicia

Atlántico Diario

Faro de Vigo

Sobre trespescoop
Trespés Soc. Coop. Galega ofrece unha visión integral e multidisciplinar baseada nunha ampla experiencia nos sectores social, cultural e ambiental. Combinamos e complementamos os diferentes ámbitos de traballo aplicando unha perspectiva cualitativa e fomentando a participación cidadá mediante metodoloxías flexíbeis a cada contexto. Traballamos na... consultaría / asesoría: xestión de recursos, políticas de participación cidadá produción de contidos: exposicións, audiovisuais, publicacións, materiais didácticos, eventos dinamización territorial: promoción e desenvolvemento local e turístico educación e formación investigación básica e aplicada

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: