Propostas criativas

Trespés Cooperativa somos unha equipa multidisciplinar con ampla experiencia na materialización de ideas


Manexamos a versatilidade como  ferramenta. Modelamos coa imaxinación. Construímos coa criatividade.

Abrimos esta xanela como canle de comunicación, onde mostrar as nosas propostas e proxectos. Saberás de nós, que facemos, como traballamos. Aquí, tamén, saberás cal pode ser o mellor xeito de colaborarmos xuntos.

Entra. Este é un espazo para…coñecermos, mudarmos, experimentarmos, transformarmos, imaxinarmos, colaborarmos,soñarmos,

Construírmos futuro

Foro de Boas Prácticas Ambientais

Colamos o programa do foro de boas prácticas ambientais que se vai celebrar o 8 e 9 de novembro en Redondela e o 16 de novembro en Pontevedra.

Para seguir as últimas novidades, botade un ollo na nosa páxina do Facebook

Mar, Traballo e Patrimonio. Descobre a Enseada de San Simón

Entre decembro de 2012 e maio de 2013, Trespés coordinou o proxecto “Mar, traballo e patrimonio. Descobre a Enseada de San Simón”. O eixo fundamental do proxecto foi o de valorizar o patrimonio marítimo da Enseada entendido nun sentido amplo e abranguendo diversas esferas. Así, o proxecto achegou os recursos endóxenos relativos ao patrimonio natural-ambiental, cultural-industrial e ao capital humano dos sectores produtivos do mar á comunidade escolar, ao público en xeral ao tempo que estableceu accións para a conservación e mellora medio ambiental.

 Na proposta conxugáronse: 1) o marco natural dun espazo catalogado como LIC e pertencente á Rede Natura 2000; 2) a riqueza do seu patrimonio cultural, sobre todo industrial; 3) e a presenza activa do sector marisqueiro e pesqueiro. Esta concepción holística e multifuncional da Enseada de San Simón permitiu trasladar unha imaxe dinámica e actual da mesma.

 O proxecto estivo promovido polo Concello de Redondela e financiado polo Grupo de Acción Costeira 7.

As actividades que se levaron a cabo foron:

1. Saídas turísticas e elaboración de Unidades Didácticas

Trazáronse dous itinerarios terrestres (Rande-Cesantes e Vilaboa) e un marítimo (Enseada de San Simón) nos que participaron todo o alumnado de 3º e 4º da ESO dos IES de Redondela. Nos itinerarios tivemos a oportunidade de conversar cunha mariscadora, visitar Rande e o Meirande, coñecer as Salinas de Ulló, as praderías de ceba da Enseada ou os seus diferentes hábitats.

 Trespés 255_1728x1152Saída IES Chapela 3º ESO Trespés 037_1728x1152

Realizáronse tres Unidades didácticas dedicadas ao patrimonio industrial, patrimonio natural e á actividade pesqueira-marisqueira da Enseada. O material é de acceso libre.

2. Folleto turístico

 En base a riqueza patrimonial e extractiva da Enseada editouse un folleto guía para coñecer e recoñecer mellor a contorna.

Folleto enseada

3. Voluntariado Ambiental

 Vendo a necesidade de concienciación entre a poboación, organizáronse xornadas de voluntariado ambiental. O alumnado de 6º de primaria do CEP Santa Mariña atendeu as explicacións de Trespés para despois emprender sendas xornadas de limpeza do areal de Cesantes

Na praia de Rande organizouse unha xornada de limpeza en estreita colaboración coa AC de Rande

Lipdub Galicia Saxamonde 038_1728x1152 Maios 2013 140_1728x1152 Voluntariado Ambiental CEIP Sta Marinha_Trespés 181_1728x1152Voluntariado Ambiental CEIP Sta Marinha_Trespés 093_1728x1152

4. Xornadas de Patrimonio

 As xornadas, organizadas por aCitania, tiveron como obxectivo a presentación do patrimonio cultural de tipo industrial acochado na Enseada de San Simón e no Estreito de Rande, así como promocionar o Centro de Interpretación do Meirande.

IMG_6513_1728x1152

xornadas patrimonio

Nas xornadas participaron Xan Carmona, Eduardo Rolland, Xurxo Constenla e se presentou o video “A voz da conserveira” realizado por Cuchi Carreira e Trespés.

Dentro das xornadas realizouse unha visita-presentación do Centro de Interpretación do Meirande.

5. Páxina web

 Todo o proxecto tivo un seguimento puntual na páxina web aberta para tal fin.

www.martraballoepatrimonio.com

Presenza nos medios:

Saídas didácticas na prensa escrita

Reportaxe no programa A Revista da TVG

Unidades didácticas no Atlántico

Xornadas de Patrimonio no Faro de Vigo

Xornadas de Patrimonio en Redondelatv

Voluntariado Ambiental do CEP Santa Mariña

Voluntariado Ambiental en Radio Redondela

Presenza nos medios

 Sobre Trespés

Coñecemos a Trespés

29/05/2012 Fonte: Coopmunicando

Trespés lucha por un modelo cooperativo sin ánimo de lucro

05/03/2013 Fonte: Atlántico Diario

Trespés no programa “Outro mundo é posible” de Radio Redondela

06/03/2013 Fonte: Radio Redondela (a partir do min: 17)

Trespés, un traballo solidario

07/03/2013 Fonte: Radio Redondela

As algas

Un mar de fondo rentable

11/09/2011 Fonte: Faro de Vigo

Reciclaje marino en Baiona

05/06/2012 Fonte: Faro de Vigo

Baiona presenta o seu proxecto ”Oucas: Algas de Baiona”

23/07/2012 Fonte: Baiona TV

Una rentable huerta submarina

24/07/2012 Fonte: Faro de Vigo

Se abre la veda… para las algas

01/08/2012 Fonte: El País

As algas son un importante recurso natural que pode ser rendible para uso gastronómico

02/08/2012 Fonte: TVG

Falando sobre algas e o proxecto de Baiona

02/08/2012 Fonte: RNE A parti do minuto 13:50

Baiona muestra su flora submarina

03/08/2012 Fonte: Faro de Vigo

El oro verde de las costas gallegas

11/08/2012  min. 22,18 Fonte: V televisión

Aprender a cocinar con algas

16/08/2012 Fonte: Baiona TV

Personas con movilidad reducida conocieron ayer el mundo de las algas

05/09/2012 Fonte: Baiona TV

Ultimas plazas para el curso de cocina con algas y jornadas de degustacion en Baiona

06/09/2012 Fonte: Baiona TV

Unha xornada avaliará as potencialidades das algas como recurso económico en Baiona.

12/09/2012 Fonte: Baiona TV

 Baiona descubre en sus algas un nuevo recurso económico

16/09/2012 Fonte: Atlántico diario

Baiona dispone de quince especies de algas idóneas para alimentación y talasoterapia

16/09/2012 Fonte: Faro de Vigo

As algas e Trespés no Telexornal mediodía

19/09/2012 Fonte: TVG. A partir do minuto 25:55

Baiona prepara unhas xornadas de cociña con algas para finais de mes

Publicado o 19/09/2012 20:52 Fonte: TVG

Degustacion de tapas con algas en el ”Bai de Oucas”

24/09/2012 Fonte: Baiona TV

Las jornadas de degustación de algas implican a 12 restaurantes

25/09/2012 Fonte: Atlántico diario

A cooperativa Trespés, ven de presentar o seu estudio sobre o aproveitamento das algas no no marco do proxecto “Oucas. Algas de Baiona”.

25/09/2012 Fonte: innovación cooperativas

Un mar de tapas de Baiona

29/09/2012 Fonte: Atlántico

Bai de Oucas no Programa A Revista

4/10/2012 Fonte: TVG. A partir do min 8:40

Quinta de la Erre & Pittacum y algas de Baiona

2/11/2012 Fonte: Pazo Mendoza

Balance positivo tras el Bai de Oucas y nuevos proyectos relacionados con las algas

14/11/2012 Fonte: Baiona TV

Vecinos y visitantes degustaron mil tapas de algas en Baiona

15/11/2012 Fonte: Faro de Vigo

Las Algas Necesitan Luz y Agua Salada

Fonte: Galicia para el mundo

 Los mayores tambien descubren el mundo de las algas

5/12/2012 Fonte: Baiona TV.

En todas as mans:

“En todas as mans: O monte en mancomún”

5/11/2011 Fonte: Bankomun

“Trespés prepara un documental sobre o monte en mancomún baixo a dirección de Diana Toucedo”

4/02/2012 Fonte: FP A Granxa

“Os montes en mancomún deberían ser fundamentais nas políticas de desenvolvemento rural”

25/02/2012 Fonte: Praza Pública

“Podemos estar orgullosos de que exista o man común, que facilita a conexión entre cidadáns e territorio”

27/03/2012 Fonte: Dioivo

“En todas as mans, una mirada al territorio. Portal de Economía Solidaria. REAS”

“Presentación do proxecto ¨En todas as mans¨”

13/09/2012 Fonte: Bou Eva

“Avanza o proxecto de documental sobre os montes galegos en mancomún”

Setembro 2012 Fonte: Praza Pública

Concienciación Europea

A Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Cooperativa Trespés impulsou un proxecto xuvenil baseado na conservación dos ríos, no que participaron mozos e mozas procedentes da República Checa, Serbia, Macedonia e Galicia.

Fonte: Concello de Redondela

Redondela dirige un programa juvenil europeo para educar sobre la conservación de los ríos

15/08/2012 Fonte: Faro de Vigo

Veinte jóvenes europeos asisten en Redondela a un programa sobre la conservación de los ríos

11/09/2012 Fonte :Faro de Vigo

Redondela será capital europea de conservación de los ríos

11/09/2012 Fonte: Atlántico diario

Mozos europeos descobren Redondela cun programa de voluntariado ambiental

12/09/2012 Fonte: Radio Redondela

Redondela, capital europea na custodia dos ríos

16/09/2012 Fonte: Radio Redondela

Coñecemos o programa de conservación dos ríos redondeláns

18/09/2012 Fonte: TVG

Redondela, capital europea na custodia de ríos

18/09/2012 Fonte: Redondela Tv

El Fondón recupera su mejor cara

19/09/2012 Fonte: Faro de Vigo

Outras actividades

Obradoiros para descubrir o monte de Ventosela

18/07/2011 Fonte: Radio Redondela

Los niños de Ventosela descubren sus bosques

11/08/2011 Fonte: Faro de Vigo

Os rapaces “investigan” a biodiversidade dos bosques de Ventosela

11/08/2011 Fonte: Faro de Vigo

Obradoiros para descubrir o territorio en Ventosela

16/07/2012 Fonte: Radio Redondela

Os alumnos e alumnas do Colexio de Santa Mariña contan a súa versión sobre a saída ao Río Pexegueiro

05/07/2012 Fonte: Alumnos de 2º de primaria do Colexio Santa Mariña

Os alumnos e alumnas do Colexio de Reboreda contan a súa saída ao Río Alvedosa

13/05/2012 Fonte: Alumnos e alumnas de 3º de primaria do Colexio Santo Paio (Reboreda)

Cesantes organiza un curso de manipulador de alimentos

24/10/2012 Fonte: Faro de Vigo

Chapela organiza un curso de manipulador de alimentos

20/02/2012 Fonte: Faro de Vigo

Proxecto Oucas, algas de Baiona. Os recursos propios como factor de desenvolvemento

Entre o mes de xullo e o mes de outubro de 2012 Trespés estivo coordinando e xestionando o proxecto Oucas, algas de Baiona. Este proxecto que foi redactado pola propia cooperativa para o Concello de Baiona, recibiu financiamento polo grupo de Acción Costeira (GAC7) ao ser o proxecto non produtivo mellor valorado.

O obxectivo principal do proxecto foi utilizar as algas como dinamizador económico para a vila de Baiona, potenciando un recurso non moi explotado na actualidade, e que pode implicar a sectores estratéxicos como a pesca, a hostalería, o turismo ou a industria transformadora.

Para  conseguir o obxectivo principal do proxecto, realizáronse varias actividades:

- Elaborouse un pequeno estudo sobre o recurso e os seus usos potenciais, coa finalidade de catalogar a biodiversidade algal de Baiona.

Algas de Baiona

- Creouse unha marca identificativa do proxecto coa que se identificarían todas as accións do proxecto.

logo horizontal color

- Fixéronse unhas xornadas técnico-divulgativas sobre as algas e as súas potencialidades, coa finalidade de formar e informar sobre outros usos do mar e concretamente das algas.

Xornadas técnico-divulgativas

- Formouse ao sector hostaleiro para que aprenderan a cociñar e preparar pratos elaborados con algas.

                          Curso de cociña con algas 047    Tagliatelle de tinta de calamar, con espagueti de mar e holandesa 1

- Realizáronse unhas xornadas de degustación de algas “ O Bai de Oucas”  coa dupla finalidade de implicar á hostalería local e ao pequeno comercio na promoción das algas e impulsar un novo recurso turístico para a zona.

Presentación do Bai de Oucas

- Realizáronse numerosas visitas a zona intermareal. Estas visitas que tiveron un gran éxito entre o público asistente serviron para amosar e valorizar o enorme patrimonio algal que posuímos no noso litoral e que podemos observar habitualmente nas nosas costas.

Visita intermareal 002

- Ofreceuse formación ao sector extractivo en identificación e recolección de algas e cooperativismo. A finalidade era crear emprego asociado a este sector emerxente.

2012-08-30 18.13.48

2012-09-01 10.15.11

Visita a algamar

Voluntariado europeo e os ríos

No último trimestre de 2012, Trespés coordinou un proxecto de intercambio xuvenil do programa Xuventude en Acción da Unión Europea promovido polo Concello de Redondela. Baixo o título de “Concienciación da xuventude europea na conservación dos ríos”, mozos e mozas de Serbia, República Checa, Macedonia e Galiza tiveron a oportunidade de partillar, debater, propor e actuar sobre as máis importantes problemáticas que afectan aos ríos europeos.
Voluntariado Europeo Trespés
Redondela albergou durante 10 días do mes de setembro a todos estes mozos e mozas nun programa que incluíu o debate das principais problemáticas ambientais dos ríos europeos, a avaliación dun caso práctico, o río Fondón, o deseño de campañas de concienciación e a súa aplicación, a restauración de varios tramos do río e a elaboración dun manifesto de boas prácticas entre outras actividades.

Alén do traballo directo e indirecto sobre os ríos europeos, o programa permitiu o contacto entre realidades sociais e culturais distantes e contribuíu ao empoderamento dos e das participantes mediante a acción directa no territorio.

Saídas escolares coñecendo o próximo

Rematado o curso escolar, lembramos varias saídas que Trespés realizou cos colexios de Santa Mariña e Santo Paio de Redondela. En sendas xornadas, puidemos coñecer, xunto con cativos e cativas, as ribeiras dos ríos Pexegueiro e Alvedosa. Con ganapáns, bandexas e catiúscas a rapazada descubriu que baixo a area e a lama dos leitos ribeiregos hai unha rica e diversa vida de seres invertebrados. No seu caderno de campo anotaron a flora do lugar e o grao de contaminación de cada río que relacionaron coa súa propia biodiversidade.

Estas e outras actividades semellantes enmárcanse dentro dunha liña de traballo de Trespés na que, a través de saídas sinxelas, ofrécese a oportunidade aos colexios da comarca de coñecer con maior detalle o seu propio entorno. Desde o pequeno e próximo, abrir unha xanela ao mundo.

Agro e cooperativismo. Propostas e oportunidades

Ábrese o prazo de inscrición na xornada técnica sobre as potencialidades do sector agro-gandeiro na zona de Pazos de Borbén que a cooperativa Trespés organiza o próximo sábado 24 de marzo nesa localidade. O programa desta xornada contempla a participación de técnicos en desenvolvemento rural da Xunta de Galicia e da USC, así mesmo participarán diferentes experiencias xurdidas en Galicia vinculadas á produción hortícola, explotación gandeira e aproveitamentos da biomasa. Para poder participar na xornada débese realizar a inscrición no correo info@trespes.com ou no teléfono 986110045.

A celebración desta xornada inxírese no marco do proxecto de investigación sobre as potencialidades da actividade agro-gandeira en Pazos que desenvolveu nos últimos meses a cooperativa Trespés. O proxecto, cofinanciado pola Consellaría de Traballo e Benestar, ten como obxectivos a realización dun estudo que contempla a análise da situación e expectativas de futuro do sector agro-gandeiro, explorar a existencia de persoas interesadas na actividade agraria e promover a fórmula cooperativa. Estas xornadas pretenden mostrar casos prácticos de experiencias de producións agrícolas e gandeiras no contexto galego.

PROGRAMA DA XORNADA

9:30–9:45 Recollida de material
9:45–10:00 Proxecto “Cooperativismo agrario en Pazos de Borbén”
Paulo Jablonski. Cooperativa Trespés

10:00–10:45 O desenvolvemento rural na era da crise
Gonzalo Rodríguez. Dpto. de Economía Aplicada da USC e
experto en desenvolvemento local

10:45–11:30 Agro-gandaría en Galicia: da produción ao consumo
Carme Freire. Labrega. Secretaria Xeral do SLG

Debate 11:30–11:45

Café 11:45–12:15

12:15–13:00 Monte Cabalar: cooperativismo, gandaría e xestión territorial
Fuco Barreiro. Cooperativa Monte Cabalar

13:00–13:45 Programas de axudas da Axencia de Desenvolvemento Rural
Alfonso Ruano. Xefe da Área de Apoio de AGADER

Debate 13:45–14:00

Sesións Tarde

16:45–17:35 Produción Hortícola
A Hortinha da Ponte; a chamada da Terra.
Julio Morales. A hortinha da Ponte
A granxa familiar, produción e transformación
Fernando Sanesteban. Granxa A Curuxeira

17:35–18:30 Gando e Monte
Porco Celta. Redescubrindo as razas autóctonas
José Balboa Rodríguez. Presidente SAT Monte Oural
Xestión bio-sustentábel de residuos gandeiros, agrícolas e forestais
Sergio Quiroga. Director Técnico de Ecocelta

18:30 Conclusións e peche das xornadas

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.

%d bloggers like this: